Share

Case nunca nos fixamos nin nas etiquetas dos produtos de limpeza nin moito menos nos pictogramas e son sumamente importantes para coñecer o perigo de dito produto a usar.

Tóxicos: Por inhalación, inxestión e mesmo por contacto á pé en pouca cantidade poden provocar graves efectos na saúde e mesmo a morte.

Explosivos: Reaccionan exotermicamnete tamén sen osíxeno e que detonan segundo as súas condicións de ensaio fixadas.
Evitar o choque, frición, formación de faíscas, lume e acción de calor.

Corrosivos: Capaces de destruír tecidos vivos como é o caso da pel sa. Ademais debemos inhalar os vapores.

Nocivos: Altamente daniños.

Comburente: Substancias e preparados que en contacto con outros produtos (especialmente os inflamables) producen unha reacción fortemente exotérmca.

F. Inflamables: Líquidos nun punto de inflamación infarior aos 21º. Manter lonxe de chamas abertas, faíscas e fontes de calor.

E. Inflamable: Punto de inflamación inferior a 0º e punto de ebulición máximo de 35º. Manter lonxe de chamas abertas, faíscas e fontes de calor.

Perigosos para o medio ambiente: Produtos que no caso de ser liberados no medio ambiente acuático ou non acuático poden priducir dano ao ecosistema. Por tanto non debemos deixar que entren en contacto co chan ou o medio ambiente, en xeral.

Todos, cada un deles son extremadamnete importante. Por iso recomendámosvos ler a letra pequena dos envases antes de realizar unha limpeza, sexa en casa ou en exterior, sexa profesional ou particular.
Por nós, polo medio ambiente e polo noso futuro.