Servizos

 

Unha empresa de limpeza debe  adaptarse a toda clase de situacións que xurdan no desempaño dos seus traballos.

Cando se realizan limpezas integrais e traballos de mantemento de edificios é normal que haxa que realizar periodicamente certas limpezas moi concretas.

 

É importante que a empresa que se encarga da limpeza dispoña das ferramentas e materiais necesarios. Igualmente de profesionais para poder realizar o traballo de forma eficaz e segura.

 

COMUNIDADES E GARAXES

 

A limpeza é un factor diferencial da imaxe da vivenda dado que é o que se proxecta tanto aos residentes como ás persoas que a visitan. É importante preservar a integridade dunha comunidade para que esta non se devalúe polo uso ou simplemente polo tempo.

GRUPO DURÁN  comprométese a dar uns servizos de limpeza de comunidades de calidade sempre comprometidos coa satisfacción de todas as necesidades das nosas comunidades

SOLICITA INFORMACIÓN

 

    Melloramos a imaxe da túa comunidade

    Grazas ao noso servizo de limpeza de comunidades poderás ter unhas instalacións coidadas e limpas. Isto é esencial para garantir a comodidade e convivencia entre os residentes.

    A limpeza de comunidades coida das túas instalacións

    A causa do uso ou simplemente do clima as instalacións deterióranse. Grazas a un servizo de limpeza de comunidades profesional lograremos preservar o bo estado e alongar a vida útil das súas instalacións.

    Expertos na limpeza de comunidades

    En Grupo Durán somos expertos na limpeza de comunidades. A nosa experiencia permítenos desenvolver programas de limpeza tanto en temas económicos como en frecuencia de servizos pensados especificamente para as Comunidades de Propietarios.

    Unha limpeza de comunidades adaptada

    O noso obxectivo é a limpeza da comunidade de propietarios pero sempre fixamos uns obxectivos de calidade e unhas esixencias que garantan os resultados.

    Oficinas e empresas

    O sector da limpeza é un sector competitivo, esixente e en constante
    evolución. Cada pouco tempo hai novas e mellores técnicas de traballo,
    todas centradas en buscar alongar a vida útil das zonas que se limpan e a mellorar os resultados.

    En Grupo Durán queremos ser un referente no sector nacional da limpeza polo que ofrecemos un gran número de servizos.

    Recorde, o orzamento é de balde.

     

      Particulares

      En Grupo Durán poñemos a súa disposición ao persoal que  sexa
      necesario para axudarlle nas tarefas do seu fogar. Pode contratarnos
      por horas, semanas, días alternos, como prefira.

      Se necesita limpar a cociña, os cristais ou o garaxe, limpezas
      profundas, lavar cortinas, pasar o ferro. Non o pense máis e non se angustie coa limpeza, estamos ao seu servizo.

      Pasarémoslle orzamento de balde.

        Que inclúe o servizo de limpeza do meu piso?

        Depende das horas e zonas que reserves para o teu servizo de limpeza a domicilio, realizaranse as seguintes tarefas:

        Cociña: limpar cubertas do  extractor, poñer ou baleirar lavalouzas, fregar pratos pendentes, limpar a  grifería, limpeza de superficies, microondas, baleirar lixo,  varrer/ aspirar
        e fregar o chan.

        Habitación:  ventilar, facer a cama, dobrar roupa, limpar mobles, baleirar papeleiras, quitar o po das superficies, varrer/aspirar e fregar o chan da casa. Tamén podemos poñer lavadoras e colgar a roupa.

        Baño: limpar as superficies e espellos, desinfección e limpeza do
        baño, limpar billas e varrer/ aspirar e fregar o chan do piso.

        Salón Comedor: limpeza po do mobiliario e accesorios, colocar ben o sofá e coxíns, varrer / aspirar e fregar, quitar po dos cadros e outros elementos decorativos, tirar lixos e baleirar cinceiros se os hai no piso.

        Se non leva a cabo algunha das tarefas durante o servizo
        de limpeza por horas correctamente por favor non dubides en
        informarnos.

        Podo reservar de forma regular?

        Claro! Podes reservar tanto para un día como para cada semana ou cada
        2. Simplemente tes que facer a reserva indicando que é unha vez ou dúas á semana, ou unha vez cada 15 días, segundo conveña.

        Estaremos encantados de programar o servizo de limpeza por horas para ti e de que entres a formar parte de  Grupo Durán

        Servizo de plancha

        Sempre que non haxa pezas grandes (sabas, manteis) podes estimar unhas 6-8 pezas por hora no servizo de ferro.

        Haberá pezas que se pasen o ferro máis rápido (por exemplo as
        camisetas ou roupa interior) e outras como camisas que poden requirir máis tempo para pasar o ferro.

        Tamén dependerá de se a roupa está moi engurrada. Lembra informar se tes pezas delicadas ás que haxa que prestar especial atención ao pasar o ferro.

        SERVIZOS XERAIS

        Tapicerías

        • Un servizo pensado para particulares, empresas, oficcinas e locais.

        Plancha

        • Servizo a domicilio. Cómodo e práctico.

        Xardinería

        • Contamos con técnicos xardineiros altamente cualificados.

        Electricidade

        • Reformas eléctricas integrais de comunidades, pisos e locais. Realizamos proxectos de acometidas de electricidade, substitución de equipos vellos de electricidade e cableados, etc.

        Fontanería

        • O noso equipo está perfectamente cualificado para poder atenderche coa maior profesionalidade, no menor tempo posible e a uns prezos moi competitivos.

        Cristais

        •  É de máxima importancia contar cunhas ventanas lucídas no noso posto de traballo.
        R

        Que está incluído?

        Persoal asegurado e cualificado
        Seguro de RC

        R

        Cómo funciona?

        Mediante teléfono
        Correo electrónico
        Whatsapp

        R

        Que esperar?

        Traballo eficaz
        Servizos de calidade